Fundación “la Caixa” promove a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 25.950 euros, a Fundación “la  Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria de Inserción Sociolaboral 2021, que ten por finalidade facilitar a inserción laboral e a mellora da empregabilidade das persoas máis…

A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Cunha achega de 6.437,58€, a Deputación de Pontevedra quixo dar continuidade á colaboración que dende hai xa varios anos ofrece ao proxecto “Emprego Con Apoio na provincia de Pontevedra” que Down Galicia leva a cabo nesta zona. Esta aposta pola inclusión laboral permitiu que un total de 102 persoas coa síndrome de Down e outras…

Fundación Ibercaja colabora co programa Emprego Con Apoio para a inserción laboral das personas coa síndrome de Down

A Fundación Ibercaja, a través da súa Convocatoria 2020 de Proxectos sociais, colabora co proxecto “Emprego Con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que a Federación Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de atención nas principais cidades galegas: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A…

A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia

Down Galicia e as súas entidades membro da provincia da Coruña contaron un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña que, mediante unha achega económica de 18.050,00 €, apoia o proxecto “Emprego con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Coruña”. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no…

Arume volve confiar na metodoloxía de Emprego Con Apoio de Xuntos para unha nova inserción

A confianza empresarial no programa de Emprego Con Apoio (ECA) de Down Pontevedra “Xuntos” para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais segue crecendo na comarca da cidade. Arume, empresa de restauración que presta os servizos de comedor escolar nos colexios públicos de Pontevedra, vén de realizar en outubro unha nova inserción entre…