Aberto o prazo para a solicitude de axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Desde comezos deste mes de agosto, e ata o xoves 30 de setembro, está aberta a convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo. Poderán solicitar estas axudas ou subsidios os alumnos e alumnas con estas necesidades de apoio que non superen unha determinada renda e/ou…

Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, xunto co seu socio Grupo Eroski, dedica o programa Céntimos Solidarios dos seus supermercados durante o mes de agosto ao proxecto “Unha escola para tod@s” de Down Galicia, xunto a outros dous programas de COGAMI e FAXPG. A empresa busca recadar fondos para contribuír á inclusión social de…

Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade

Mediante unha achega de 15.000 euros, a Fundación Inocente Inocente colaborou durante o pasado curso escolar co proxecto de Down Galicia “Inclusión educativa de alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria 2019 de axudas a proxectos asistenciais desta fundación privada. Grazas a esta colaboración, 144 persoas coa síndrome…

Down España espera un maior compromiso do novo goberno coas persoas coa síndrome de Down

Down España celebra a constitución dun novo Goberno en España e a existencia dunha vicepresidencia social que permita que a discapacidade poida chegar a ser unha política prioritaria. Nesta liña, a federación estatal pide que se expoñan varias accións prioritarias que amosen un maior compromiso coas persoas coa síndrome de Down do noso país. Principalmente,…