25 persoas das entidades de Down Galicia realizan prácticas laborais na Xunta de Galicia a través de Política Social e Xuventude

Grazas ao convenio asinado entre a Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social e Xuventude, 25 persoas usuarias das entidades Down galegas están a formarse e realizar prácticas laborais en diferentes dependencias deste departamento da Xunta de Galicia desde agosto a decembro deste 2023. A través deste acordo, a Consellería achega cento corenta…

Un mozo e unha moza de Down Lugo melloran as súas competencias laborais no Concello

  Samuel Varela e Noelia Domínguez, un mozo e unha moza membros da asociación Down Lugo, veñen de rematar as súas prácticas formativas na casa do concello, onde puideron achegarse de primeira man ao traballo desempeñado no eido da administración. Ambos están preparando as oposicións a ordenanza reservadas a persoas con discapacidade intelectual da Xunta…

Down Vigo renova o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria

  A asociación Down Vigo acaba de renovar o seu acordo de colaboración coa Autoridade Portuaria da cidade, organismo que durante o próximos seis meses contratará a Tamara Carballa, participante do servizo de Emprego con Apoio da entidade, para que realice tarefas relacionadas co posto de auxiliar administrativo. O obxecto deste convenio é a realización…