Un estudo lanza importantes conclusións sobre as consecuencias psicosociais da pandemia entre os mozos e mozas coa síndrome de Down

Un estudo levado a cabo por Down España entre os meses de abril e maio de 2020 para avaliar as consecuencias psicosociais da pandemia na poboación coa síndrome de Down, lanzou uns resultados esclarecedores e á vez sorprendentes.

O estudo realizouse a través dun cuestionario no que participaron 340 mozos e mozas coa síndrome de Down, a maioría entre os 20 e os 29 anos.

A continuación presentamos os principais resultados do estudo.

 

Respecto á información sobre a pandemia e o COVID-19:

  • Practicamente todas as persoas participantes saben que é a COVID-19. Só o 1,69% recoñece non ter coñecementos sobre o virus.
  • Para o 71% a súa principal fonte de información sobre o virus é a televisión, seguido da familia (68,7%) e a asociación (46%).
  • O 65,9% cre que tivo información suficiente e un 34% considera que non está ben informado.
  • Un 37,5 % ten medo ao coronavirus.
  • O 94,3% cumpre sempre as medidas de prevención.

 

Respecto ás emocións:

  • Case un 25% sentiuse só durante o confinamento. Na actualidade, persiste aínda un 13% de persoas coa síndrome de Down que senten sós.
  • Un 44% afirma que sentiu triste durante o confinamento, porcentaxe que baixa ao 15% na actualidade.
  • Coa alegría pasa á inversa. Un 39% sentíase alegre durante o confinamento, cifra que ascende ata un 75% na actualidade. É a emoción na que hai maior diferenza entre o confinamento e a actualidade.
  • A maioría (68%) afixéronse ben á nova rutina do confinamento.
  • A un 38% non lle apetecía facer actividades durante o confinamento.

 

En canto á súa situación persoal e como a pandemia afectou as súas rutinas:

  • A maioría (94%) segue vivindo coa súa familia e o 80% cre que a convivencia foi boa.
  • Un 9,6% case non sae de casa actualmente e un 54% recoñece que sae menos que antes.
  • O 60% lávase agora as mans máis a miúdo.
  • Un 48% durmía máis durante o confinamento mentres que na actualidade esta porcentaxe reduciuse a case a metade (28%).
  • A gran maioría (84%) participaba nas tarefas de casa durante o confinamento. Practicamente todos eles (82%) ségueno facendo.
  • Un 68% aprendeu tarefas novas durante este período, sendo as principais cociñar e limpar.

 

Respecto ao traballo e os estudos:

  • O 33% dos que traballaban mantivo o seu traballo durante a pandemia. Un 48% estiveron ou están en ERTE. Un 18% perdeu o seu traballo.
  • O 67% continuou cos seus estudos desde casa durante o confinamento.

 

En relación ao lecer e tempo libre:

  • Un 54% realizou exercicio en casa durante o confinamento.
  • A maioría (80%) pasaba o seu tempo libre vendo a televisión ou vídeos na internet e tamén escoitando música (78%).
  • Un 40% aprendeu algunha afección nova.
  • O 17% recoñece que se aburre no seu tempo libre.
  • O 55% pasa máis tempo en casa que noutros lugares.
  • Un 19% ten medo de saír á rúa.
  • Aínda que o 94% das persoas enquisadas mantivo o contacto cos seus amigos e amigas, o 17,5% di que agora non lles ve case nunca.
  • O 88% ten ordenador ou tablet propia, porcentaxe que sobe ao 96% cos que teñen un dispositivo compartido coa súa familia. Só un 4% afirma que non ten ningún dispositivo en casa.
  • O 82% aprendeu a utilizar ferramentas dixitais novas durante o confinamento. Unha vez que aprenderon a usalas, o 69% utilízaas de forma autónoma.
Ir o contido