Educacion :: Down Galicia
ATENCIÓN TEMPERÁ ||  FORMACIÓN E EMPREGO
VIDA ADULTA E INDEPENDENTE || COMPLEMENTARIA E TRANSVERSAL

 

ÁREAS :: INCLUSIÓN EDUCATIVA

A educación debe xogar un importante papel ofrecendo a todos os alumnos e alumnas as mesmas oportunidades e calidade de servizos. Polo tanto, a escola inclusiva debe basearse no dereito á diferenza e no rexeitamento a unha educación que exclúa a parte da poboación escolar. O sistema educativo debe permitir que todos os nenos e nenas, sexan cales sexan as súas características persoais, participen na vida educativa, en igualdade de condicións, recibindo os apoios adecuados ás súas propias peculiaridades.

 

Programas:

  • Logopedia e comunicación
  • Lectoescritura
  • Reforzo educativo
  • Apoio á integración escolar e coordinación con centros
  • Habilidades sociais
  • Seguimento escolar
  • Apoio psicopedagóxico

 

Visita o noso Servizo de Inclusión Educativa