Membros de Down Lugo prepararon unha festa na vivenda de vida independente da Asociación. Trátase de unha actividade que combina ocio e técnicas de autoxestión e planificación na que os participantes poñen en práctica as súas habilidades para disfrutar do seu tempo libre dunha forma lúdica e autónoma. Así, aproveitaron a noite do venres para celebrar o aniversario de un dos asistentes, ocupándose das compras previas e da preparación da festa. Posteriormente, celebraron unha sesión de cinema e acabaron con unha festa de pixamas.
