A novela e o cine negro son o xénero elixido este año por Lucas Herrador para poñer en escena a oitava obra do Grupo de Teatro de Down Compostela, que esta fin de semana estrea “Búscame a ese tipo”. Será no Salón Teatro, en sesións que empezarán ás 20.00 horas tanto o venres, día 17, como o sábado, 18, con entrada libre. Composto por mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, o Grupo de Teatro Down Compostela atrévese nesta ocasión con unha “aposta persoal” do seu director, Lucas Herrador. “As andanzas e pesares dos protagonistas que soen ser, tanto elas como eles, persoas descridas, cínicas e pesimistas, para min son secundarios”, asegura o autor e director da obra. “Non así os valores que encerran; xentes desexosas de descubrir a verdade, cun alto sentido da xustiza e tendencia natural a protexer ó débil”, engade. A entrada á sala será libre, previa retirada da correspondente entrada nas taquillas do Salón Teatro, que se abrirán ás 18.00 horas, tanto o venres como o sábado. Máis de 20 actores subirán ó escenario, entre os que se atopa “un desfile de secundarios que acompañan todas estas historias, que son un retrato social. Se alguén quere acercarse á realidade dunha época, que vaia ás bibliotecas e comece a ler as novelas negras publicadas nese xornal”, engade Lucas Herrador ó respecto. O director quixo destacar o papel de algunhas das profesionais e voluntarias de Down Compostela que colaboran co grupo. Na súa presentación da obra fai mención expresa a Blanca Villar, “que se está convertendo nunha produtora digna da Gran Vía madrileña”. A María García Quintas, “que saca tempo de onde pode para que ós actores e actrices se lles entenda no escenario”. E a Marta Hermida, que “é a máis entusiasta do proxecto, dando a cara ante o público e organizando as cousas entre caixas”. Down Compostela contou este ano coa colaboración do pintor Rafael Romero Masiá, quen deseñou o cartel da obra. “Búscame a ese tipo” é a oitava obra que representa o Grupo de Teatro Down Compostela, despois da posta en escena de “Solo ante la Peligros” (Salón Teatro, 2015), “Alicia en el país de las maravillas” (Auditorio de Galicia, 2009), “Esopo y sus fábulas” (Sala Nasa, 2010), “Romeo y Julieta” (Sala Nasa, 2011), “Fuenteovejuna” (Salón Teatro, 2012), “Bodas de Sangre” (Salón Teatro e Casa de Cultura de Milladoiro, 2013) e “Las pruebas de Hércules” (Salón Teatro e Casa de Cultura de Milladoiro, 2014) A taquilla do Salón Teatro abrirase ás 18.00 horas os dous días da función para que todos aqueles que desexen ver a obra poidan gozar dun espectáculo no que os mozos e mozas de Down Compostela levan meses traballando.
