A responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, e o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, abordaron esta tarde vías de colaboración conxunta na primeira visita que a xerente do CHUS realizou ás instalacións da Fundación.
Acompañada pola subdirectora de Calidade e Atención ao Paciente, Beatriz Pais, Eloína Núñez coñeceu as instalacións da Fundación e departiu con algunhas das usuarias e usuarios.
Posteriormente abordaron posibles vías de colaboración e mellora na atención ás persoas coa síndrome de Down, sobre todo en atención temperá e no establecemento dun protocolo para dar a primeira noticia aos pais e nais que teñen un bebé coa síndrome de Down.
Eloína Núñez destacou que para ela é unha prioridade establecer canles de comunicación e colaboración constantes coas asociacións.