Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Compostela e Down España reúnen en Santiago a 500 persoas no XVIII Encontro Nacional de Familias

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela e Down España reúnen en Santiago a 500 persoas no XVIII Encontro Nacional de Familias

28 Novembro, 2018

» Down Compostela e Down España reúnen en Santiago a 500 persoas no XVIII Encontro Nacional de Familias

Todo está xa preparado para que Santiago de Compostela acolla dúas das citas máis importantes no calendario do movemento Down en España: o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro Nacional de Irmáns que organizan a federación DOWN ESPAÑA e a FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA, e no que as persoas con trisomía 21 volverán ter un papel significativo.

Máis de 500 persoas poderán gozar do 6 ao 9 de decembro dunha experiencia que persegue aumentar a cohesión entre o colectivo de persoas coa síndrome de Down e a súa contorna. As xornadas, que se desenvolverán nos hoteis OCA Puerta del Camino e Eurostars San Lázaro, potencian o debate sobre temas de interese para o colectivo, fomentan a vinculación e o intercambio de experiencias, e, sobre todo, conceden protagonismo ás persoas con trisomía 21.

O acto inaugural celebrarase o xoves 6 de decembro ás 19:30 horas no Palacio de Congresos e estará presidido polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez. Ao mesmo confirmaron xa a súa asistencia a Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez; o Director General de Políticas de Discapacidad do Ministerio de Sanidade, Jesús Celada Pérez; a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o Vicepresidente Executivo da Fundación ONCE e Presidente de Ilunion, Alberto Durán; que acompañarán aos presidentes de DOWN ESPAÑA,  Mateo San Segundo, e DOWN COMPOSTELA, Juan Martínez, entre outras autoridades.

Durante este acto, que estará conducido por dous mozos con trisomía 21, DOWN ESPAÑA entregará o ‘Premio Trébol a la Solidaridad 2018’ á investigadora Mara Dierssen, quen ao día seguinte pronunciará a conferencia inaugural titulada ‘Cara a unha terapia na síndrome de Down? Bioética, reflexión e panorama de futuro’. A apertura do congreso concluirá cunha actuación conxunta de mozos e mozas de DOWN COMPOSTELA e do Espazo de Danza da USC que dirixe Juan Carlos Zahera.

Durante todas as xornadas haberá diversas sesións formativas, talleres e conferencias sobre diferentes temas. Mozos coa síndrome de Down serán relatores en dúas das mesas sobre emprego e vida en parella e vida independente. Nas sesións tamén se abordarán temas relacionados coa investigación, a capacidade das persoas con discapacidade para tomar decisións sobre a súa saúde, as súas obrigacións e dereitos, ademais do papel da familia e o profesorado cara a unha escola inclusiva, así como o papel e retos que deben afrontar os irmáns.

Pero este Encontro tamén incluirá actividades lúdicas e momentos de lecer para toda a familia, como unha peregrinación á Catedral de Santiago ou unha visita guiada pola cidade.

Para a organización do encontro, DOWN ESPAÑA e DOWN COMPOSTELA contaron co patrocinio da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e a colaboración da Fundación ONCE, Concello de Santiago, Deputación de A Coruña, Galicia Calidade, Ternera Gallega, Consellería do Mar, Fundación Sanitas, Carrefour Santiago, Bankia, Ministerio de Cultura y Deporte e Centro Xuvenil Don Bosco.

Entradas relacionadas

Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}