DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

“As persoas con discapacidade intelectual teñen as mesmas necesidades de orientación académica e profesional que o resto”

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» “As persoas con discapacidade intelectual teñen as mesmas necesidades de orientación académica e profesional que o resto”

Sabrina Molinos, Coordinadora de programas de Down Galicia, vén de ser entrevistada por Educaweb, portal especializado en educación e orientación académica. Polo seu interese, desde a Federación facémonos eco do artigo publicado a continuación.

O Movemento Down desenvolveu desde 2002 un proxecto de orientación que consiste no deseño dunha guía que facilite os procesos de orientación académica e profesional das persoas con discapacidade intelectual e síndrome Down. A guía, reeditada cada ano desde entón, converteuse nun recurso básico para as familias e os profesionais deste ámbito. Na actualidade, é utilizada tanto por aquelas entidades que forman parte de Down Galicia como por centros educativos e entidades públicas e privadas.

O proxecto mantívose vixente durante a crise económica-financeira. Cal cre que foi e é o secreto do seu éxito?

O proxecto iniciouse no ano 2002 e mantívose vixente ao longo de todos estes anos. Tendo en conta que uno dos principais obxectivos de Down Galicia na área de formación e emprego é facilitar procesos de orientación académica e profesional adecuados ás persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down, así como para as súas familias, consideramos imprescindible asegurar a reedición da Guía de orientación académica e profesional para garantir a consecución deste obxectivo.

O éxito deste proxecto radica fundamentalmente en que, ata o día de hoxe, a guía que desenvolvemos converteuse nun recurso informativo básico, tanto para as persoas con discapacidade intelectual como para as súas familias, á hora de encamiñar o seu futuro profesional, facéndoos máis competentes no proceso de toma de decisións. Ao mesmo tempo, constituíuse como unha ferramenta de referencia para os profesionais implicados en tarefas de formación e orientación formativa e profesional, que desempeñan as súas funcións xa non só en entidades que forman parte de Down Galicia, senón tamén para orientadores doutras entidades e institucións tanto públicas como privadas (centros educativos, oficinas de emprego, entidades do terceiro sector, etc.).

Cales son os principais cambios que se introduciron durante estes anos?

A guía foi reeditada ano tras ano, mantendo practicamente a mesma distribución e orde do seu contido para facilitar a procura de información por parte de todos os axentes que a utilizan a diario e que xa se familiarizaron coa súa estrutura. Os cambios que introducimos limitáronse a melloras no formato de presentación, así como á actualización da información.

Por outra banda, incorporamos novas canles para a súa difusión ao longo dos anos, co obxecto de que chegue ao maior número de persoas posible e ampliar o público beneficiario deste recurso. Deste xeito, mentres que nos seus inicios a súa difusión centrábase basicamente entre as persoas que forman parte das entidades de Down Galicia (persoas usuarias, familias e profesionais), durante os últimos anos conseguimos chegar á maior parte dos centros educativos de Galicia, así como a outras entidades públicas e privadas. Do mesmo xeito, fortalecemos a difusión a través das nosas redes sociais e páxina web.

Que se debe ter en conta á hora de orientar a persoas coa síndrome de Down?

A idea principal da que debemos partir é que as persoas con discapacidade intelectual teñen as mesmas necesidades de orientación que calquera outro cidadán ou cidadá, simplemente que adaptada ás súas necesidades.

Con todo, é certo que non podemos obviar algúns aspectos que condicionan en gran medida o proceso de orientación dirixido a unha persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual:

– É importante un traballo previo de autocoñecemento, de maneira que as persoas con discapacidade tomen conciencia das súas posibilidades, pero tamén das súas limitacións, para axustar as súas expectativas de formación e emprego.

– Requírese un adestramento na toma de decisións que supla posibles limitacións motivadas por unha posible sobreprotección familiar e/ou baixo nivel de autonomía.

– A maioría deles teñen un coñecemento moi limitado sobre as posibilidades que ofrece o sistema educativo e formativo, así como as diferentes opcións que ofrece a contorna.

– Será fundamental promover habilidades e estratexias persoais de procura, selección e tratamento da información relevante e que poida ser de interese no proceso de orientación.

– Na maior parte dos casos, a familia debe considerarse unha peza decisiva que ten que implicarse no proceso.

En calquera caso, máis aló de pautas de carácter xeral para a globalidade do colectivo, é importante ter en conta que a intervención e atención deberase adaptar a cada un en particular en función das necesidades e particularidades concretas de cada persoa e de cada proceso de orientación individual.

En 2012 afirmaba que os profesionais da orientación que traballaban con este colectivo centrábanse nos recursos específicos para eles e esquecían o resto dos recursos existentes. Cambiou algo desde entón? Hai unha maior sensibilización?

Afortunadamente, cada vez hai unha maior sensibilización social con respecto á discapacidade. Con todo, queda un longo percorrido ata lograr que participen na sociedade na mesma medida que o resto da poboación.

Ese é o noso gran reto, e aos poucos vaise conseguindo maior presenza das persoas con discapacidade en recursos da comunidade que, ata o momento, eran practicamente “prohibitivos” para eles. Neste sentido, desde Down Galicia cremos que a mellor forma de sensibilizar é facer máis visibles estas experiencias nas que as persoas con discapacidade forman parte de contornas ordinarias (tanto de carácter formativo como laboral).

Grazas a iso, cada vez son máis os profesionais implicados na orientación que toman conciencia das posibilidades reais do colectivo e que priorizan a derivación a contornas ordinarias fronte á oferta específica e con certo carácter “segregador”. Proba diso é o incremento que ano tras ano temos no número de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual que se benefician da oferta formativa ordinaria, así como do número de persoas que conseguen emprego en empresas do mercado laboral ordinario.

Consulta aquí a “Guía de orientación académica e profesional para personas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade