Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

España empeora no exame de DH da ONU e recibe máis do dobre de deberes sobre os dereitos das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

España empeora no exame de DH da ONU e recibe máis do dobre de deberes sobre os dereitos das persoas con discapacidade

27 Xaneiro, 2020

» España empeora no exame de DH da ONU e recibe máis do dobre de deberes sobre os dereitos das persoas con discapacidade

O Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas reflicte no seu informe que España atópase en peor situación que hai 5 anos, cando foi avaliada por última vez, xa que incrementou notablemente o seu número de tarefas pendentes en canto á protección dos Dereitos Humanos. Pasa de 188 recomendacións a 275, un 46,7% máis. A situación agrávase moito se falamos de discapacidade, pasando de apenas 7 recomendacións a 18, un 157% máis.

O Exame Periódico Universal, un mecanismo do Consello de Dereitos Humanos da ONU que avalía cada cinco anos os progresos en materia de garantías fundamentais de cada un dos seus 193 Estados membros, publicou o venres pasado as recomendacións do seu Grupo de Traballo para España. Entre os 275 deberes, 18 deles teñen que ver cos Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Entre as propostas xerais destaca a de intensificar os esforzos para incluír activamente ás persoas con discapacidade dentro da sociedade e eliminar todos os obstáculos que as limitan en todos os ámbitos de participación como cidadás e cidadáns.

EDUCACIÓN INCLUSIVA, SAÚDE E CUESTIÓN DE XÉNERO

A medida concreta máis repetida no informe é a que demanda a España que asegure que os nenos con discapacidade exerzan os seus dereitos á educación, a autonomía e a participación na sociedade en igualdade de oportunidades. O exame fai referencia de maneira textual á “educación inclusiva” en varias ocasións, un dos asuntos pendentes máis esperados pola comunidade educativa.

Outro dos puntos máis solicitados no ámbito da discapacidade corresponde á garantía da accesibilidade e dispoñibilidade dos servizos de saúde en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. O mesmo ocorre coa protección e visibilización en cuestións de xénero. O informe demanda a necesidade de identificar e previr posibles discriminacións cara á muller con discapacidade e propón unha maior protección dos seus dereitos.

A delegación española agradeceu na presentación do informe as propostas e dixo que as “estudará con detemento”. Esta comunicará o resultado final desa análise en xuño, cando lle corresponderá especificar que recomendacións seguirá.

Le aquí o informe do Consello de Dereitos Humanos da ONU (en inglés).

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}