DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

O 24 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Educación, unha efeméride dedicada a recoñecer o papel fundamental deste proceso na creación de sociedades sostibles e evolucionadas e Down Galicia quere reivindicar novamente a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á diversidade.

A evolución das nosas sociedades esíxenos dar un paso cara diante na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, para garantir a igualdade de oportunidades para o seu pleno desenvolvemento a través dunha educación inclusiva. Desde hai máis de 20 anos, na Federación Down Galicia cremos que o proceso de transformación educativa é ineludible e que non podemos obviar o camiño cara unha educación de carácter inclusivo.

A educación inclusiva implica cambios para dar resposta ao modelo social de apoio e atención ás persoas con discapacidade fronte ao modelo rehabilitador. As persoas con discapacidade non son a raíz do problema, senón que o son as diferentes barreiras coas que se atopan e as limitacións da propia sociedade para prestar servizos apropiados e para asegurar adecuadamente que as necesidades das persoas con discapacidade sexan tidas en conta dentro do sistema educativo.

 

O dereito a unha educación inclusiva

A educación é un dereito humano, unha responsabilidade colectiva e un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. Deste xeito, as sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa. É dicir, deben garantir, sen condicións, unha educación inclusiva.

A Federación leva anos poñendo de manifesto que o sistema educativo español é discriminatorio coas persoas coa síndrome de Down e con outras discapacidades intelectuais e vulnera o establecido nos tratados internacionais.

Por este motivo, Down Galicia quere dar a benvida aos cambios recollidos na nova lei educativa (LOMLOE), en vigor desde esta mesma semana, e aos avances que supoñen os mesmos cara un sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas por razón da súa discapacidade.

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, indica que “é un primeiro paso” e destaca “que por fin se paralice a segregación e a exclusión contemplada na Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), xa que supoñía un retroceso irreversible nos avances conseguidos en materia de integración e inclusión escolar”.

O dereito a unha educación inclusiva está avalado pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi ratificada en 2008 e aprobada por unanimidade polo Parlamento e é de obrigado cumprimento en España ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos.

 

A necesidade do compromiso de docentes e profesionais da educación

Desde o Movemento Down pídese ao profesorado e demais profesionais do ámbito da educación que sumen esforzos e poñan toda a súa vontade para non apartar nin deixar atrás a ningún alumno ou alumna pola súa discapacidade.

Cada día existe un maior número de centros educativos que non se conforman e que están a implantar sistemas, metodoloxías e enfoques inclusivos na súa docencia, evidenciando que é posible que a escolarización inclusiva do alumnado con discapacidade sexa unha realidade, logrando a participación e o aprendizaxe de todas e todos.

Alén diso, o Movemento Down é consciente de que este compromiso debe ir en paralelo ao das administracións públicas, pois a inclusión esixe uns recursos necesarios para que os centros educativos poidan prestar os apoios que se necesitan. Na actualidade, os devanditos medios son, á vista de todos os axentes educativos, insuficientes e pouco planificados.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade