Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Excelentes resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Excelentes resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave

30 Agosto, 2021

» Excelentes resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave

Os resultados das probas de nivel 2 e nivel 3 de Competencias Clave realizadas polas persoas usuarias de entidades Down de Galicia foron practicamente perfectos. Dos 23 exames aos que se presentaron o pasado 27 de xuño en Silleda, foron superados 22 deles, o que supón un 95,6% de aprobados. Estes bos resultados evidencian a gran preparación das 9 persoas participantes, pertencentes ás entidades Down de Ferrol e Lugo.

Como xa sucedeu en anteriores convocatorias, as persoas participantes coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual examináronse en igualdade de condicións que o resto das máis de 2.600 persoas que estaban convocadas nesta ocasión. Para que fose posible, foron solicitadas as adaptacións dos exames a lectura fácil para facilitar a súa comprensión, a ampliación da letra e do tempo para cada unha das probas e a presencia de persoal de apoio para solucionar as posibles dúbidas existentes durante toda a xornada.

Neste sentido, as entidades Down en Galicia destacan a importancia de concorrer a este tipo de probas a través do sistema ordinario. Asegúrase, deste xeito, a inclusión social atendendo á diversidade de cada individuo e garántese que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades de acceso e participación tendo en conta as súas necesidades.

 

As probas de Competencias Clave

As probas de Competencias Clave están pensadas para que as persoas que non posúen os requisitos de formación básica (ESO ou Bacharelato) poidan demostrar as súas capacidades e coñecementos co obxectivo de acceder á formación para o emprego. Así, estas probas convértense en unha das vías de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3, xa que as persoas que as superan están acreditando uns requisitos formativos que asegurarán que posúen os coñecementos necesarios para acceder aos diferentes cursos.

Hai 4 competencias clave (lingua galega, española, estranxeira, e matemáticas) e para cada unha hai dous niveis. O nivel 2 correspóndese co título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente, e o nivel 3 correspóndese con Bacharelato ou equivalente.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo
4 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}