Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense

14 Marzo, 2023

» Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense

 

O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down e do 20 aniversario da Asociación Down Ourense. Nesta edición entregaranse os VIII Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

 

Acto conmemorativo e xornada de sensibilización

Neste Día Mundial, os representantes das xuntas directivas de Down Ourense e Down Galicia estarán acompañados pola Deputada de Benestar Social da Deputación de Ourense, Luz Doporto Real; polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañana; e polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Pero unha vez máis, as verdadeiras protagonistas desta sinalada data serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación e desenvolvemento do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal.

Serán as encargadas, ademais, de entregar os VIII Premios Down Galicia, que nesta edición recaen na categoría de persoa individual en Ana Belén Fernández, pola súa desinteresada colaboración para impulsar no ano 2003 a creación de Down Ourense e polo acompañamento que brinda ás novas familias desde a súa unidade de atención temperá; e na categoría institucional en Rodríguez López Auto, pola súa sensibilidade e larga traxectoria de apoio incondicional á inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais desde o ano 2012. Ademais, neste ano no que a Federación Down Galicia cumpre 25 anos, outórgase un Premio Extraordinario á firma internacional de servizos legais Garrigues, pola súa desinteresada colaboración coas entidades Down, achegando sempre unha resposta satisfactoria ás súas consultas e facéndoo dun xeito eficiente e eficaz.

Este acto central contará tamén con varios relatorios que incluirán experiencias de vida en ámbitos como a educación, o emprego ou a vida independente e que estarán protagonizados por profesorado, empresarios locais, familias e persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

A entrada a este evento será gratuíta.

Para consultar o programa do acto conmemorativo prema aquí.

Como chegar

 

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Un ano máis, os principais monumentos de Galicia tinguiranse de azul e amarelo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down. Así, a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, as Fontes de Catro Camiños e da Rúa Aragón na Coruña e Vigo, a pasarela peatonal “Tanxurela” en Lugo, os concellos de Lugo e Pontevedra, a Ponte Romana de Ourense, o Teatro Jofre en Ferrol, o edificio da Deputación de Lugo, ou o edificio de San Caetano da Xunta de Galicia, entre outros, iluminaranse os vindeiros días 20 e 21 de marzo para dar visibilidade e concienciar á sociedade neste día tan destacado.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}