Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana

3 Abril, 2023

» As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana

 

Coincidindo co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas do sector social representadas por EAPN Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza), a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e CERMI Galicia (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) piden a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, coñecido como X Solidaria.

As ONG prestan servizos esenciais na loita contra a exclusión social e a pobreza, traballan en primeira liña contra os efectos provocados tras tres anos de pandemia, a crise enerxética, a inflación e a guerra de Ucraína. O financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF é necesario e fundamental para que moitas ONG galegas poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas, veciñas e veciños cos que convivimos.

Xa foron moitas as persoas que na campaña anterior colaboraron marcando o X Solidario en Galicia: 750.867 persoas, o que supón o 54,5% do total das contribuíntes. Comparado co ano anterior, foron 6.785 persoas máis as que marcaron o recadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, o recadro 106.

Con este xesto recadáronse 21.391.293€, unha cantidade de 28,49€ por persoa, permitindo recadar a cantidade de 1.755.980€ máis que na campaña anterior. Todos estes fondos recibidos, recaeron en 140 organizacións galegas de acción social que puideron levar a cabo máis de 607 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 182.904 persoas maiores, con discapacidade, enfermas de cancro, mulleres vítimas de violencia machista, xente moza, infancia…

A través do X Solidario desenvolvéronse programas de teleasistencia, apoio ás persoas con discapacidade e familias, educación para a saúde, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a persoas xordas na súa contorna sociofamiliar, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.

Dende as entidades sociais temos o punto de mira nas 627.161 persoas contribuíntes que seguen sen marcar o X Solidario. Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.707€ máis dos recadados.

A nivel estatal, a campaña da renda recadou no Estado 425 millóns de euros procedentes do 53% de persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de interese social na declaración da renda. Se todas as persoas marcan o recadro 106, poderían recadarse 704 millóns de euros que irían destinados a axudar a quen máis o precisa.

Segundo expresou na presentación da campaña, Xosé Cuns, director de EAPN Galicia “Marcando o cadro de fins sociais loitamos para cambiar a situación de milleiros de persoas. Non debemos esquecer que son máis de 13 millóns as persoas viven en risco de pobreza a nivel estatal, 678.000 en Galicia, das que 237.769 destas viven en pobreza severa”.

Mónica Viqueira, a vicepresidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia destacou que “decidir o que queremos que se faga cos nosos impostos é un dereito que non todo o mundo pon en práctica. O noso obxectivo é que a xente marque o recadro e decida”.

Finalmente, o presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández resaltou que “se marcamos o X Solidario non nos vai custar nada. Nin pagamos máis, nin nos van devolver menos. Ademais, non resta senón que suma: se xa marcas a casiña da Igrexa, podes tamén marcar a de ‘Actividades de Interese Social e así axudas o dobre”.

 

Chámalle X

O Terceiro Sector galego presentou na Praza da Quintana a campaña do X Solidario cun X grande de tea sostido por persoas representantes de diferentes entidades sociais. Neste ano queremos tamén encher as redes sociais cos cancelos #ChámalleX e #LlámaloXSolidaria para sensibilizar a todas as persoas contribuíntes sobre a importancia que supón que uns impostos nos que poden decidir a quen queren dirixir, escollan ás entidades sociais.

Marcando o X Solidario, o recadro 106 de Fins Sociais, nin se paga máis nin se reciben menos cartos no caso de devolución e contribuímos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}