Down Lugo é unha das entidades participantes na III edición da convocatoria As Termas Suma e necesita a nosa colaboración para poder conseguir os 3.000€ cos que está dotada a axuda.
O proxecto presentado céntrase na mellora do proxecto de vida independente da entidade. Con esta axuda, poderíanse aumentar os recursos destinados á vivenda da que dispón a asociación e na que as persoas usuarias con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais pasan tempadas para preparase para unha futura vida autónoma fose da contorna familiar.
Se queres apoiar o proxecto de Down Lugo, podes facelo ata o próximo 5 de xuño votando na seguinte ligazón: www.bit.ly/TermasDownLugo
Lembra validar o voto no teu correo electrónico e difundir entre todos os teus contactos.
As Termas Suma é unha iniciativa do Centro Comercial As Termas para apoiar ás asociacións sen ánimo de lucro lucenses e darlles a visibilidade que necesitan.