É un programa e unha  ferramenta de Inclusión Social que fomenta a participación de todo o alumnado no tempo de recreo escolar e que está complementada polos Parques Dinámicos como estratexia de xogo en familia.

Fundamentase en 3 premisas:

Patios Dinámicos é un programa adaptable a cada centro educativo e ás características persoais do alumnado. A súa metodoloxía baséase no uso de estratexias anticipatorias, na organización do profesorado que se encarga do Patio Dinámico e nos apoios visuais como soporte comunicativo e explicativo do xogo e dos roles establecidos durante o desenvolvemento do mesmo.

Patios Dinámicos é unha ferramenta unificadora e inclusiva, onde cada neno ou nena é único e, como tal, respéctaselle ofrecéndolle apoios e estratexias. 

Toda a metodoloxía se recolle no libro “Patios y Parques Dinámicos” de Gey Lagar. Consta dunha parte teórica onde se explica como levar a cabo un Patio Dinámico (para o profesorado e o contexto escolar) e un Parque Dinámico (para as familias e o seu contexto familiar) xunto con 36 xogos e fichas visuais coa súa explicación paso por paso con pictogramas. Complétase cun material visual de apoio ao xogo e material para situacións condutuais e de rutinas que poden darse durante o tempo de xogo.

Patios Dinámicos
Ir o contido