As TICs fan referencia ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (tabletas, ordenadores, móbiles e/ou dispositivos dixitais en xeral). Estas poden ser un importante recurso didáctico para a elaboración de tarefas educativas que sirvan para complementar aos novos paradigmas ou metodoloxías educativas (Deseño Universal para a Aprendizaxe, Aprendizaxe Cooperativa…). Investigacións científicas demostran que a utilización destes novos recursos resulta beneficiosa para a consolidación das aprendizaxes (Granda Asencia et al, 2019).
É preciso destacar que, aínda que as TICs son un recurso moi versátil e facilitan a aprendizaxe, debe evitarse a súa utilización como un recurso específico e individualizado, debendo empregarse como un recurso global máis na aula, integrándoas na práctica docente de xeito inclusivo.
Beneficios do uso das TICs na aula
Xerais
- Contidos accesibles a todo o alumnado
- Aprender dunha forma máis atractiva, amena e máis activa
- Favorece a comprensión e o interese do alumnado
- Recursos moi variados (animacións, ferramentas multimedia, programas interactivos…)
- Potencian a aprendizaxe colaborativa e a comunicación
- Fomentan a auto-aprendizaxe
- Aumentan o dinamismo da clase
- Elimina as barreiras de espazo e tempo existentes entre o profesorado e o alumnado
Docentes
- Fonte de recursos educativos
- Recurso flexible e adaptable ás diferentes estratexias docentes
- Aforro de tempo
- Favorece a creación de materiais accesibles e complementa a implantación de novas metodoloxías (DUA, AC…)
Máis información
- Down España (2022). “Guía Rueda DUA: Herramientas para el Diseño Universal para el Aprendizaje
- Down España (2021): “Guía Estrategias y Herramientas Digitales para la educación inclusiva”
- Down España (2021): “Guía de Experiencias de Escuelas DUATIC”
- Down España (2013). Proyecto H@z Tic 2: “La pizarra digital y el aprendizaje cooperativo en el aula con alumnos con síndrome de Down”
- Mestres, L. (2008). “La alfabetización digital de los docentes”