Aberto o prazo de inscrición para o 5º Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España

A quinta edición do Encontro Nacional de Mozos e Mozas, organizado por Down España e Down Coruña, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Trátase dun evento único en España, que xunta nun emprazamento diferente cada ano a máis de 150 persoas (entre profesionais, voluntari@s, familiares e soci@s) pertencentes ás entidades presentes na Rede Nacional de Vida Independente de Down España.

Este 5º Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España terá lugar do 21 ó 23 de xuño de 2019 na cidade de A Coruña.  Serán tres días para que persoas con e sen síndrome de Down compartan experiencias e amplíen os seus coñecementos nunha contorna plenamente inclusiva.

Os obxectivos que persegue este Encontro son:

  1. Proporcionar un espazo de encontro para mozos e mozas de toda España.
  2. Compartir experiencias e coñecementos relacionados cos diferentes proxectos de Vida Independente.
  3. Establecer espazos de debate tratando temas sobre a vida independente.
  4. Que as persoas participantes coñezan a cidade nunha das súas semanas grandes.
  5. Que tanto os visitantes como os propios habitantes da cidade coñezan a realidade do colectivo de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

Deste xeito, búscase impulsar o debate, o diálogo e o intercambio de información e experiencias entre as persoas participantes nun contexto totalmente inclusivo de convivencia. Para logralo, deseñouse un programa que contempla desde actividades culturais ao aire libre e visitas turísticas, ata mesas redondas e accións formativas.

Consulta aquí o programa do Encontro

O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 31 de maio de 2019 ou no momento no que se esgoten as prazas ofertadas (o sistema de rexistro rexerase por rigorosa orde de inscrición).

Accede á inscrición a través deste enlace.

Ir o contido