Down España lanza unha campaña pola defensa da inclusión das persoas coa síndrome de Down

 

Un dos principais compromisos de Down España, e das entidades que a conformamos,  é a defensa dos dereitos das persoas coa síndrome de Down, de acordo coa Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

É por iso que este ano, a federación estatal lanzou unha nova serie de vídeos do proxecto ‘Ponte Derecho’, que conta coa colaboración do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

Nesta edición, Hugo, Manolo, Carlos, Ana e David, mozos e mozas coa síndrome de Down de Down Granada, protagonizan as cinco pezas audiovisuais da serie sobre os temas que traballaron na súa asociación xunto aos seus compañeiros e compañeiras.

Os vídeos, tratados con moito humor, están focalizados no dereito para decidir, o dereito para participar na comunidade, o dereito á vida independente e a vida adulta e o dereito a non ser discriminados.

En palabras de José Gutiérrez, director de Programas de Down España, «estes vídeos permítennos reivindicar os dereitos das persoas coa síndrome de Down en primeira persoa e mostrar á sociedade que, se cambiamos as cousas nas actividades do día a día, lograremos unha inclusión social plena».

Con este proxecto, desde as entidades Down de España queremos seguir visibilizando, informando e xerando conciencia sobre a importancia de respectar e garantir os dereitos das persoas pertencentes ao colectivo en todas as etapas das súas vidas.

 

‘Ponte Derecho’: derecho a participar en la comunidad

 

‘Ponte Derecho’: derecho a no ser discriminados

 

‘Ponte Derecho’: derecho a una vida independiente

 

‘Ponte Derecho’: derecho a la educación de calidad

 

‘Ponte Derecho’: derecho a expresar las ideas

 

Ir o contido