PUBLICACIÓNS

ATENCIÓN TEMPERÁ

AS MIÑAS PRIMEIRAS PREGUNTAS

Autor: Down España

Dirixido a familias.
Documento coas preguntas e respostas máis frecuentes das familias sobre a síndrome de Down.

 

PROBAS DIAGNÓSTICAS DURANTE O EMBARAZO

Autor: Down España

Dirixido a familias.
En esta guía, as familias poderán atopar información e respostas ás dúbidas relacionadas coas probas diagnósticas que se realizan durante o embarazo.

 

PROTOCOLO: COMUNICACIÓN DA PRIMEIRA NOTICIA

Autor: Down España

Dirixido a profesionais das entidades Down.
Con este protocolo, os e as profesionais das distintas entidades Down poderán organizar todas as actuacións que se deben realizar durante o proceso de comunicación do diagnóstico de síndrome de Down.

 

RECOMENDACIÓNS SOBRE PRIMEIRA NOTICIA

Autor: Down España

Dirixido a profesionais sanitarios.
Esta guía é unha ferramenta que proporciona algunhas claves para axudar aos e ás profesionais sanitarias a comunicar a noticia da presencia de síndrome de Down, tanto durante o embarazo como tras o nacemento.

 

PROGRAMA FAMILIAS ESCUCHA

Autor: Down España

Dirixida a profesionais das entidades Down.
Publicación sobre o programa Familias Escucha de Down España, dirixida aos equipos profesionais e ao conxunto de familias das entidades Down, centrado no proceso de acompañamento ás familias cun diagnóstico recente de síndrome de Down para poder conectalas con outras que pasaron por situacións similares.

 

ATENCIÓN TEMPERÁ: SERVIZO PARA PEQUEN@S E AS SÚAS FAMILIAS

Autor: Down Galicia

Díptico informativo sobre os programas e actividades que se levan a cabo na área de Atención Temperá das entidades Down de Galicia.

 

 

EDUCACIÓN

PROTOCOLO PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA DO ALUMNADO COA SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Autor: Xunta de Galicia

“Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”, creado a petición da Federación Down Galicia por un grupo interdisciplinario da comunidade educativa e a Comisión de Educación das entidades Down de Galicia. Ten como eixo central o dereito de todo o alumnado a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promova as súas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral ao longo da súa vida.

 

INCLUSIÓN EDUCATIVA: UNHA ESCOLA PARA TOD@S

Autor: Down Galicia

As entidades Down de Galicia, traballan conxuntamente cos centros educativos para garantir os apoios necesarios que potencien as oportunidades de aprendizaxe e participación do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na vida escolar

 

NOVO CURSO ESCOLAR: CLAVES PARA AS FAMILIAS
Autor: Down España

Guía para facilitar aos pais e nais de nenos e nenas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a toma de decisións en relación á elección de centro escolar e ao proceso de matriculación.

 

UNHA VIDA POR DIANTE
Autor: Eloísa Teijeira Bautista

Proposta didáctica para sensibilización do alumnado con respecto á persoas coa síndrome de Down. Estratexias para fomentar a aceptación e o respecto pola diversidade na comunidade educativa, especialmente entre o alumnado de educación primaria.

unhavidapor

 

 

FORMACIÓN E EMPREGO

EMPREGO CON APOIO

Autor: Down Galicia

Información sobre a metodoloxía Emprego con Apoio orientada a responsables de empresas ordinarias tanto do sector público como privado. Programa de emprego mediante o cal as persoas con discapacidade intelectual adquiren as destrezas, habilidades e coñecementos que demanda o seu posto de traballo.

 

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DOWN GALICIA

Autor: Down Galicia

Guía básica de información, orientación e busca de emprego para persoas con discapacidade intelectual en xeral e síndrome de Down en particular.

 

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL: VANTAXES PARA EMPRESAS E AXENTES SOCIAIS E COMUNITARIOS

Autor: Down Galicia

Información para empresas e axentes sociais e comunitarios sobre o servizo de orientación laboral da Federación Down Galicia.

 

GUIA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Autor: Down Galicia

Guía de información e orientación para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A súa misión é facilitar na medida do posible os medios para que as persoas que forman parte deste colectivo afronten axeitadamente a tarefa de descubrir e elixir os mellores camiños e alternativas para eles respecto aoseu futuro académico e profesional.

 

BONIFICACIÓNS Á CONTRATACIÓN

Autor: Down Galicia

Documento que recolle e explica os incentivos e as bonificacións ás que poden optar as empresas ao contratar a unha persoa con discapacidade.

 

MEDIDAS ALTERNATIVAS Á CONTRATACIÓN

Autor: Down Galicia

Documento que recolle e explica aquelas medidas alternativas á contratación dunha persoa con discapacidade das que dispoñen as empresas públicas e privadas con máis de 50 persoas traballadoras.

 

 

VIDA ADULTA

RECOMENDACIÓNS DE SAÚDE PARA PERSOAS ADULTAS COA SÍNDROME DE DOWN

Autor: Down Galicia

Este documento recolle as necesidades e seguimento da saúde que precisan as persoas coa síndrome de Down desde os 18 anos, en base ao Programa Español de Saúde para as persoas coa síndrome de Down (Down España).

Pincha aquí para descargar a versión imprimible.

 

 

HÁBITOS SAUDABLES PARA TOD@S

Autor: Down Galicia

Este folleto explícanos a importancia que ten para calquera persoa levar un estilo de vida o máis saudable posible e infórmanos sobre os programas levados a cabo nas entidades Down de Galicia para promocionar a saúde e o benestar entre as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Autor: Down España

Ferramenta de referencia para os e as profesionais das entidades na que se presentan os fitos e obxectivos a traballar en cada etapa da vida das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en materia de afectividade e sexualidade, desde os tres anos ata a etapa adulta.

 

 

SENSIBILIZACIÓN CO ENTORNO

“XELA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO”

Autores: Pepe Carreiro e Down Galicia

Libro protagonizado polas personaxes de Os Bolechas que, a través da historia de Xela, trata de explicar ás rapazas e rapaces máis pequenos o que é a síndrome de Down e busca romper os mitos e estereotipos existentes.

 

GUÍA DE ESTILO SOBRE PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN

Autor: Down Galicia

Manual orientado a sensibilizar, positivizar e concienciar sobre a terminoloxía máis adecuada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

GUÍA DE ESTILO SOBRE PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN PARA MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Autor: Down Galicia

Versión sinxela da “Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down” de Down Galicia, ofrecendo nunha soa folla exemplos concretos e un decálogo de recomendacións sobre a terminoloxía máis adecuada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

TRATAMENTO DA DISCAPACIDADE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Autor: Cermi Galicia

Tríptico con información sobre as normas básicas de tratamento da discapacidade nos medios de comunicación. Créase trala necesidade de que os profesionais dediquen a atención necesaria a tomar conciencia da importancia de tratar a discapacidade sen ningún tipo de excepcionalidade.

 

Imaxe tratamento discapacidade

 

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

SERVIZO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL (SEPAP)

Autor: Down Galicia

Tríptico con información sobre o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) que desenvolven as entidades Down en Galicia.

 

INFORMACIÓN DA TARXETA DE DISCAPACIDADE

Autor: Down Galicia

Circular sobre a tarxeta acreditativa de grao de dicapacidade que expide a Xunta de Galicia

 

 

ACCEDE AQUÍ ÁS PUBLICACIÓNS DE DOWN ESPAÑA

ACCEDE AQUÍ A OUTRAS PUBLICACIÓNS RECOMENDADAS