Tecnoloxías da información e a comunicación

As TICs fan referencia ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (tabletas, ordenadores, móbiles e/ou dispositivos dixitais en xeral). Estas poden ser un importante recurso didáctico para a elaboración de tarefas educativas que sirvan para complementar aos novos paradigmas ou metodoloxías educativas (Deseño Universal para a Aprendizaxe, Aprendizaxe Cooperativa…). Investigacións científicas demostran que a utilización destes novos recursos resulta beneficiosa para a consolidación das aprendizaxes (Granda Asencia et al, 2019).

É preciso destacar que, aínda que as TICs son un recurso moi versátil e facilitan a aprendizaxe, debe evitarse a súa utilización como un recurso específico e individualizado, debendo empregarse como un recurso global máis na aula, integrándoas na práctica docente de xeito inclusivo.

Beneficios do uso das TICs na aula

Xerais

  • Contidos accesibles a todo o alumnado
  • Aprender dunha forma máis atractiva, amena e máis activa
  • Favorece a comprensión e o interese do alumnado
  • Recursos moi variados (animacións, ferramentas multimedia, programas interactivos…)
  • Potencian a aprendizaxe colaborativa e a comunicación
  • Fomentan a auto-aprendizaxe
  • Aumentan o dinamismo da clase
  • Elimina as barreiras de espazo e tempo existentes entre o profesorado e o alumnado

Docentes

  • Fonte de recursos educativos
  • Recurso flexible e adaptable ás diferentes estratexias docentes
  • Aforro de tempo
  • Favorece a creación de materiais accesibles e complementa a implantación de novas metodoloxías (DUA, AC…)
Ir o contido