Punto virtual :: Down Galicia

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
CREACIÓN DE MATERIAIS ACCESIBLES
METODOLOXÍAS E ESTRATEXIAS

 

METODOLOXÍAS E ESTRATEXIAS VENCELLADAS COA ACCESIBILIDADE:
APRENDIZAXE COOPERATIVA

 

Que é?

É unha metodoloxía inclusiva que se centra no traballo en equipo e cuxos obxectivos principais son a construción de coñecemento e a adquisición de competencias e habilidades sociais.

Déixase atrás a concepción do grupo clase como un conxunto de individuos nun mesmo espazo (integración)  para converterse nunha “comunidade de aprendizaxe” (inclusión), cun obxectivo común (a aprendizaxe de contidos escolares) que se alcanza máis facilmente se colaboran uns con outros.

Polo tanto, o traballo cooperativo implica aprender a planificar, a argumentar, a debater, a decidir, a organizar, etc. tendo como requisitos principais a participación equitativa e a interacción simultánea de todos os membros do grupo.

 

Como implementar a aprendizaxe cooperativa na aula?

Pere Pujolàs deseñou e levou a cabo o programa CA/AC (Cooperar para Aprender / Aprender para Cooperar) aplicado nun número moi considerable de centros educativos de toda España a través de procesos de formación e asesoramento, que culminou coa creación da Rede Khelidôn sobre aprendizaxe cooperativa, un dos seus últimos proxectos.

O programa CA/AC consiste nun conxunto de actuacións para ensinar a aprender en equipo, que inciden sobre tres ámbitos de intervención complementarios:

Ámbito de intervención A: Actuacións encamiñadas á cohesión do grupo clase, preparalo para traballar en equipo, predispoñelo para a cooperación, e convertelo, pouco a pouco, nunha pequena comunidade de aprendizaxe.

Ámbito de intervención B: Actuacións encamiñadas a utilizar o traballo en equipo para ensinar e aprender (traballo en equipo como recurso). Neste ámbito levaranse a cabo Técnicas-Estruturas cooperativas simples e Métodos-Estruturas cooperativas complexas.

Ámbito de intervención C: Actuacións encamiñadas a ensinar a traballar en equipo (traballo en equipo como contido).

 

Tópicos sobre a aprendizaxe cooperativa na práctica docente

Se o alumnado con máis capacidade sempre ten que axudar, non deixa de aprender?

Polo común, ser máis capaz que outros compañeiros ou compañeiras variará en función dos contidos, dos coñecementos previos, do interese por unha ou outra materia… Un alumno ou alumna non é máis capaz que as demais para todo e, en calquera caso, incluso nas situación na que actúa como titor ou titora doutra, esta ten a oportunidade, a través do acto de ensinar, de dominar máis profundamente os contidos (aprender ensinando) e de desenvolver habilidades de liderado, autoestima e resolución de conflitos.

Se o alumnado ten que interactuar entre si (falar, discutir…), non haberá máis problemas de disciplina na aula?

Non, se as normas están claras. Ademais, o papel do mestre ou mestra na aula modifícase e unha das súas principais funcións é a de manter o ambiente de traballo. Por outro lado, o control do cumprimento das normas trasládase aos equipos de traballo.

Nos equipos de traballo, non haberá sempre algunha persoa integrante que non fai nada e se aproveita dos seus compañeiros e compañeiras?

Na aprendizaxe cooperativa non pode pasar isto, xa que a interdependencia positiva (o éxito individual depende do que teña o equipo e viceversa) leva a que a contribución de cada membro sexa imprescindible. Por exemplo, no método do crebacabezas, a tarefa non se pode levar a cabo a menos que cada membro achegue a súa parte.

Non é máis efectivo e máis rápido explicar un contido que facer que se aprenda a través do traballo cooperativo?

Despois dunha exposición en clase, o profesorado sempre ten a sensación de transmitir o contido programado. Sen embargo, nunca teñen a certeza de que o alumnado o aprendese. O feito de comunicalo rapidamente non significa que o ensinasen. A través da aprendizaxe cooperativa non se transmite, senón que se propicia que o alumnado poida aprender. Cando as interaccións entre o alumnado están moi claras, o aproveitamento do tempo é maior que na clase tradicional porque hai moito máis tempo de traballo efectivo.

 

Máis información:

  • Libro sobre aprendizaxe cooperativa
  • VV. (2005) “Tema del Mes: Grupos Cooperativos”. Cuadernos de Pedagogía, 345,pp 50-83.
  • VV (2012): “Tema del mes: “Un programa para cooperar y aprender”. Cuadernos de Pedagogía, 428.
  • ABAD, M. y BENITO, M.L. (Coords.) (2006): Cómo enseñar junt@s a alumnos diferentes: aprendizaje cooperativo. Zaragoza: Egido Editorial
  • AGUIAR, N. y BRETO, C. (2006a): “Aprendiendo y enseñando a vivir en la escuela”.
  • BENITO, M.L. y BORRA, V. (2005): “Enseñamos y aprendemos juntos”. Cuadernos de Pedagogía, núm. 345, pp. 73-77.
  • FABRA, M.L. (1992): Técnicas de grupo para la cooperación. Barcelona: CEAC.
  • GERONÈS, M.L. y SURROCA, M.R. (1997): “Una experiencia de aprendizaje cooperativo en educación secundaria”. En Aula de innovación educativa, núm. 59, pp. 49-50.
  • D. y SERRA, P. (1997): “Los grupos cooperativos en el aula, una respuesta al reto de la diversidad en la educación primaria”. En Aula de innovación educativa, núm. 59, pp. 46-48.ƒ
  • JOHNSON, D.W., JOHNSON, R.T. y HOLUBEC, E.J. (1999): El aprendizaje cooperativo en el aula. Buenos Aires: Paidós.
  • OVEJERO, A. (1990): El aprendizaje cooperativo. Una alternativa eficaz a la enseñanza tradicional. Barcelona: PPU.
  • PARRILLA, A. (1992): El profesor ante la integración escolar: “Investigación y formación”. Capital Federal (Argentina): Ed. Cincel.
  • PUJOLÀS, P. (2004). Aprender juntos alumnos diferentes. Los equipos de aprendizaje cooperativo en el aula. Barcelona: Eumo-Octaedro.
  • PUJOLÀS MASET, P. (2009). Aprendizaje cooperativo y educación inclusiva. Una forma práctica de aprender juntos alumnos diferentes. Expuesto en: VI Jornadas de cooperación educativa con Iberoamérica sobre educación especial e inclusión educativa.
  • PUJOLÀS MASET, P. (2012). Aulas inclusivas y aprendizaje cooperativo. Educatio Siglo XXI, 30, 89-112.
  • PUJOLÁS MASET, P., LAGO, J.R. Y NARANJO, M. (2013). Aprendizaje cooperativo y apoyo a la mejora de las prácticas inclusivas. Revista de Investigación en Educación, 11 (3), 207-218. R
  • SERRANO, J.M., y CALVO, M.T. (1994): Aprendizaje cooperativo. Técnicas y análisis dimensional. Murcia: Caja Murcia Obra cultural.