Punto virtual :: Down Galicia

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
CREACIÓN DE MATERIAIS ACCESIBLES
METODOLOXÍAS E ESTRATEXIAS

 

METODOLOXÍAS E ESTRATEXIAS VENCELLADAS COA ACCESIBILIDADE:
PATIOS DINÁMICOS

 

É un programa e unha  ferramenta de Inclusión Social que fomenta a participación de todo o alumnado no tempo de recreo escolar e que está complementada polos Parques Dinámicos como estratexia de xogo en familia.

Fundamentase en 3 premisas:

O xogo é libre: Trátase de favorecer o xogo libre mediante un proceso de acompañamento do alumnado que non accede de maneira automática a ese xogo por diferentes razóns.

Inclusión: Búscase a participación de todo o alumnado presente no recreo escolar. A formación dos axentes activos (profesorado, alumnado colaborador, persoal externo) capacítalles para afrontar o momento de recreo de maneira resolutiva e inclusiva. Separar é excluír, marcar a diferencia, etiquetar.

Equidade: Cada persoa é única e diversa en si mesma. En Patios Dinámicos, e na súa variable Parques Dinámicos, ofréceselle a cada persoa o que necesita para estar en igualdade de condicións ante unha situación de xogo.

 

Patios Dinámicos é un programa adaptable a cada centro educativo e ás características persoais do alumnado.
A súa metodoloxía baséase no uso de estratexias anticipatorias, na organización do profesorado que se encarga do Patio Dinámico e nos apoios visuais como soporte comunicativo e explicativo do xogo e dos roles establecidos durante o desenvolvemento do mesmo.

 

 

Patios Dinámicos é unha ferramenta unificadora e inclusiva, onde cada neno ou nena é único e, como tal, respéctaselle ofrecéndolle apoios e estratexias.

Toda a metodoloxía se recolle no libro “Patios y Parques Dinámicos” de Gey Lagar. Consta dunha parte teórica onde se explica como levar a cabo un Patio Dinámico (para o profesorado e o contexto escolar) e un Parque Dinámico (para as familias e o seu contexto familiar) xunto con 36 xogos e fichas visuais coa súa explicación paso por paso con pictogramas. Complétase cun material visual de apoio ao xogo e material para situacións condutuais e de rutinas que poden darse durante o tempo de xogo.

 

Máis información:

Lagar, G. (2015): “Patios y Parques Dinámicos”. Oviedo. Editorial TRABE.

Experiencias de Patios Dinámicos:

Vídeos sobre Patios Dinámicos na rede: