Xuntos celebra unha nova edición da súa tradicional Gala Benéfica

Un ano máis, a Asociación DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” pon en marcha a celebración da súa tradicional GALA BENÉFICA nesta ocasión alcanzado xa o número 21. O espectáculo celebrarase o próximo 27 de Decembro de 2017 ás 20:30 horas, no Auditorio do PAZO DÁ CULTURA DE PONTEVEDRA. As entradas anticipadas poden adquirirse na Perfumería PERICO DE LA PEÑA na  C/ Oliva, 24, ou no local da Asociación situado na rúa  Rouco número 1- 2º piso. En horas previas tamén se poderán adquirir nos despachos de billetes do propio auditorio. O prezo das mesmas é  de 8 euros para os adultos e de 5 euros para os nenos menores de 12 anos, ata completar aforamento.

Baixo a dirección do cantante Anxo  Barry, o evento converteuse nunha das iniciativas insignia que a Asociación leva a cabo para recadar fondos destinados a financiar e potenciar o  SEPAP (Servizo de Promoción de Autonomía Persoal) que comprende as seguintes Áreas de Traballo: Atención Temperá, Inclusión Educativa, Formación e Emprego, Vida Adulta e Independente, Área Complementaria (Expresión Corporal, Novas Tecnoloxías e de Lecer), e Área Transversal (Programa de Familias e programas de sensibilización). Este ano tamén nos servirá para axudar a paliar os gastos ocasionados con motivo da adquisición e acondicionamento do  novo local para a Asociación, que está a piques de frutificar e que desde hai varios anos converteuse nun dos nosos principais obxectivos.

Un amplo cartel

Ademais dos artistas habituais, como é o caso da ORQUESTRA PONTEVEDRA, da estrela do  Music Hall CRISTIAN e do GRUPO DE TEATRO  AXOUXERE (cuxos integrantes son usuarios da Asociación Down Pontevedra “ XUNTOS”) que este ano interpretarán un fragmento da obra “AGURRAS, ENRRUGADOS”, acompañarannos os cantantes da Orquestra PANORAMA; o mozo pianista JOSÉ MARÍA MARTÍNEZ  LOIRA; os concertistas internacionais MARÍA PENAS (Soprano) e RODRIGO PORTELA (Pianista); a concursante do programa “LA VOZ” emitido por Tele 5 ROCÍO “A Diva  Satánica”; a cantante  TANIA FUEGO (habitual colaboradora do programa LUAR da TVG); e o coñecido humorista FREDI  CRUXER. Como sempre, agradecemos a ANGEL  BARRY (vocalista da Orquestra PONTEVEDRA) todos os seus desvelos, xa que, sen a súa imprescindible colaboración non sería posible a realización de tal evento, e moito menos alcanzar as 21 edicións consecutivas. Como sempre, non están descartadas máis actuacións sorpresa.

Ir o contido