Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo retoma a actividade do Proxecto Luna coa participación na xornada ‘Értek Conference’

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo retoma a actividade do Proxecto Luna coa participación na xornada ‘Értek Conference’

10 Decembro, 2021

» Down Vigo retoma a actividade do Proxecto Luna coa participación na xornada ‘Értek Conference’

Proxecto Luna é unha iniciativa da asociación Down Vigo que naceu hai xa varios anos a través dunha colaboración con Marcos González, mellor barista de España na actualidade e responsable de calidade de Delikia Fresh.

Nos seus inicios, ao abeiro do proxecto, Down Vigo organizou varios Campionatos de Baristas Down, e máis adiante, en colaboración coa empresa Delikia, comezou a participar na iniciativa Café Solidario que se organiza cada Nadal na cidade olívica.

E o proxecto, que pouco a pouco ía vendo como crecía, consolidouse no ano 2019 coa participación dun barista coa síndrome de Down, Rober Pereira, no Campionato de Baristas de Foz, onde ademais de amosar as súas habilidades no mundo do café acadou un contrato de traballo indefinido.

Sen embargo, a pandemia freou o percorrido do Proxecto Luna, paralizando a súa actividade ata hai unhas semanas, cando Marcos González convidou a varios mozos e mozas da entidade a servir os cafés da súa nova marca, Root Café, durante as pausas entre conferencias dos tres días nos que se celebraba a Értek Conference.

Cada un dos días asistiron tres persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais acompañadas por unha persoa de Root Café e outra de Down Vigo, e as súas tarefas centráronse na atención ao cliente e no manexo da máquina de café.

A Érték Conference son unha serie de relatorios e talleres promovidos por un grupo de estudantes da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra, dirixidas a completar a formación do alumnado das diferentes titulacións da facultade en ámbitos como o marketing e a comunicación.

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}