Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down

18 Setembro, 2023

» Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down

 

As persoas coa síndrome de Down presentan unha maior vulnerabilidade ante a gripe debido á alteración da resposta inmune asociada á trisomía 21. Por iso, desde Down España, tendo en conta as consideracións do seu Comité Médico Asesor, recomendan a vacinación anual fronte á gripe estacional a todas as persoas coa síndrome de Down maiores de 6 meses, seguindo a pauta establecida no calendario de vacinación.

Ademais, recoméndase administrar unha dose de reforzo da vacina contra a COVID-19 a todas as persoas coa síndrome de Down, co obxectivo de reducir tanto o impacto da enfermidade en caso de contaxio como o efecto que esta pode ter a longo prazo en forma de COVID persistente.

Ambas as vacinas teñen por obxectivo protexer á poboación, especialmente aos grupos con maior risco de presentar complicacións en caso de padecer a enfermidade. As dúas vacinas poden ser administradas ao mesmo tempo, sen que exista ningunha contraindicación para iso.

Estas recomendacións de vacinación contra a gripe e COVID-19 fanse extensibles á contorna das persoas coa síndrome de Down (familiares, convivintes…), especialmente a aquelas persoas de idade avanzada ou que presenten outros factores de risco. Ademais, a recomendación esténdese tamén a persoal de centros sanitarios e sociosanitarios.

 

A campaña de vacinación en Galicia

En Galicia, a campaña de vacinación comezará o próximo día 25 de setembro e prolongarase ata o 31 de decembro.

Do mesmo xeito que en campañas anteriores, a vacinación levarase a cabo en diferentes puntos e o inicio será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco. Así, as persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade serán vacinadas a partir do 25 deste mes na súa contorna por equipos específicos, ofrecendo a vacina fronte á gripe e a COVID-19.

Pola súa banda, os servizos de atención primaria administrarán a vacina fronte a gripe e COVID-19 ás persoas de 80 e máis anos, que serán citadas mediante unha mensaxe de texto. Así mesmo, vacinaranse a domicilio ás persoas inmobilizadas que pertenzan aos grupos diana e os hospitais públicos dispoñerán de doses da COVID-19 e gripe para a vacinación dos grupos de alto risco.

Ademais, habilitaranse grandes recintos ao longo do mes de outubro nas áreas sanitarias e distritos para a vacinación conxunta fronte á gripe e a COVID-19 dos menores de 80 anos. Estas persoas tamén serán citadas mediante unha mensaxe de texto.

A Xunta de Galicia indica tamén que os puntos de vacinación da gripe habituais como son os centros de saúde, hospitais, centros privados, residencias, e mutuas, só administrarán a vacina fronte á gripe. Nestes puntos, o ou a paciente pedirá a cita cando corresponda segundo a secuencia establecida.

Entradas relacionadas

Aberto o prazo de inscrición do Encontro Nacional de Familias de persoas coa síndrome de Down
26 Xuño, 2023
Aberto o prazo de inscrición para o próximo Encontro Nacional de Irmáns de persoas coa síndrome de Down de Down España
19 Abril, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}