Estatísticas sobre a síndrome de Down en España e no mundo

Os datos e números son unha forma ideal de cuantificar a incidencia de calquera situación. Permítennos achegarnos a ela e facela medible para que nos resulte máis fácil de comprender. Por iso hoxe traémosche un par de datos estatísticos sobre a síndrome de Down cos que entender máis de preto a realidade deste grupo de persoas.

Datos estatísticos da síndrome de Down: número de nacementos

Datos estadísticos del síndrome de Down: número de nacimientos

Segundo as estatísticas da síndrome de Down no mundo, a prevalencia desta alteración cromosómica é de aproximadamente 10 por cada 10.000 nacementos. Aínda así, este índice pode cambiar de forma considerable segundo o país e a mentalidade da sociedade.

No caso concreto das estatísticas da síndrome de Down en España podemos ver un notable descenso nos últimos anos, a pesar de que a esperanza de vida do colectivo aumentou considerablemente. De feito, estímase que no noso país o número de persoas coa síndrome de Down é de ao redor de 35.000. Unha cifra que contrasta coas 300.000 que tiñamos hai 40 anos. Pero, cales son as causas deste descenso? Pois moi probablemente estean ligadas aos avances tecnolóxicos e aos cambios na mentalidade da sociedade.

Sen embargo, a supervivencia e a esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down aumentou. Hoxe en día, as persoas con esta síndrome tamén chegan a idades avanzadas mantendo unha boa calidade de vida. Para que te fagas unha idea, no ano 1900 a esperanza de vida da poboación coa síndrome de Down era de entre 9 y 11 anos, actualmente chega a superar con creces os 60.

 

Estatísticas da síndrome de Down: taxa de empregabilidade

Estadísticas de síndrome de Down: tasa de empleabilidad

Estímase que, das 35.000 persoas coa síndrome de Down en España, unhas 23.000 están en idade laboral. Delas, tan só o 5% teñen un traballo y están incluídos no mercado laboral. A nivel europeo a cifra é aínda peor e sitúase no 2%.

Nos últimos anos presenciamos unha evolución moi positiva da inclusión laboral das persoas deste colectivo pero, coa chegada da pandemia do coronavirus, esta tendencia reverteuse. Para facerlle fronte son moitas as asociacións que elaboraron diversas campañas sobre a empregabilidade das persoas coa síndrome de Down, coas que pretenden chamar a atención tanto das Administracións como das empresas privadas. Ademais, desde a Federación impulsamos programas de formación e emprego para que todas as persoas coa síndrome de Down dispoñan das ferramentas necesarias para acceder ao mercado laboral.

Síndrome de Down: estatísticas sobre educación

Síndrome de Down estadísticas sobre educación

As estatísticas da síndrome de Down sinalan que nos nenos e nenas coa síndrome de Down hai unha certa lentitude na adquisición dos diferentes fitos do desenvolvemento con respecto a outros nenos e nenas. Atender con eficacia ás súas necesidades é un dos retos aos que deben enfrontarse as institucións educativas para, por un lado, propiciar a súa evolución e, por outro, facilitar a súa inclusión na aula.

Entre os puntos que, tanto pais como docentes resaltan que hai que mellorar, encontramos a falta de recursos materiais e humanos e a escasa formación, tempo, recursos e apoios necesarios para poder levar a cabo unha educación de orientación inclusiva.

Segundo o estudo  “Salud y calidad de vida desde la discapacidad intelectual. Síndrome de Down” elaborado pola Fundación de Educación para la Salud e a Federación Española de Síndrome de Down, case un 50% das persoas coa síndrome de Down teñen educación primaria, o 25% superou a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e o 20,1% participou en Programas de Cualificación e Iniciación Profesional (PCP). Sen embargo, tan só un 5% cursou un Ciclo Formativo de Grado Medio ou Superior.

Datos estatísticos da síndrome de Down: as mulleres

Datos estadísticos del síndrome de Down: las mujeres

Apenas o 1% das mulleres coa síndrome de Down vive de forma independente segundo o estudio “Mujeres con valor” levado a cabo por Down España en colaboración coa Fundación Gmp. Para este estudo enquisáronse a case 400 mulleres coa síndrome de Down das cales, o 85% habitan xunto aos seus pais ou avós, e, o resto, con outros familiares ou en residencias e pisos tutelados.

Algunhas das razóns que poden explicar esta escasa autonomía, inferior á dos homes coa síndrome de Down, son:

  • A baixa taxa de actividade, xa que só o 37% traballa ou busca emprego. O 63% restante atópase fóra do mercado laboral.
  • A falta de formación.
  • A falta de apoios.
  • A sobreprotección por parte das familias que, no caso das mulleres, acentúase aínda máis. Durante a adolescencia é común que as familias empecen a sentir medo de que as súas fillas manteñan relacións sexuais e utilizan como resposta un exceso de protección que as condiciona o resto da súa vida.

Outra estatística sobre a síndrome de Down en mulleres que arroxa esta investigación e que é interesante comentar é que apenas un 37% das mulleres coa síndrome de Down en idade fértil acude ao xinecólogo de forma periódica, fronte ao 80% de mulleres españolas no seu mesmo rango de idade.

Ir o contido