A Aprendizaxe baseada en Proxectos (ABP) é unha estratexia metodolóxica de deseño e programación na que se implementa un conxunto de tarefas baseadas na resolución das preguntas ou problemas (retos). O alumnado realiza un proceso de investigación e creación no que traballa con un alto nivel de cooperación e que culmina cun produto final que se presenta aos demais.

Principios da ABP

1.Currículo integrado

Tema relevante
Diferentes disciplinas do currículo
Inclúense aprendizaxes formais e non formais

2. Protagonismo compartido

O profesorado é aprendiz, non experto
Función principal: crear os escenarios que permitan desenvolver o proxecto

3. Inclusivo

Dar resposta a diferentes:
– Ritmos de aprendizaxe
– Intereses
– Capacidades

4. Parte dun reto

Intereses do alumnado
Garantir a súa motivación

5. Avaliación e reflexión continua

O alumnado aprende a avaliarse e a ser avaliado

6. Socialización e difusión

Socialización entre o alumnado e outros axentes educativos
Presentación do produto final

A Aprendizaxe baseada en Proxectos fomenta buscar, elixir, discutir, aplicar, corrixir e ensaiar.

Pasamos de “aprender é memorizar” a “aprender é facer”.

Implementación

1. Activación

Arranque do proxecto
Poñer en situación (contexto)
Activar os coñecementos previos
Que se vai facer e aprender
Papel fundamental da motivación por parte do profesorado
Planificación das tarefas

2. Investigación

Que sabemos?
Que temos que saber?
Diferentes fontes de investigación
Traballo en equipo

3. Realización e desenvolvemento

Aplicar todo o aprendido
Identificar debilidades e fortalezas

4. Presentación

Presentación ante unha audiencia externa
Gravar para poder difundila en diferentes redes

A Aprendizaxe baseada en Proxectos permite a elección e implicación do alumnado, facilita o empoderamento do mesmo e faino protagonista da súa propia aprendizaxe, implantando unha educación máis activa centrada no “saber facer”. 

Ir o contido