DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Unha trintena de demandas de persoas en pobreza ou exclusión social na exposición “Olladas inclusivas. Ninguén á marxe” inaugurada onte na Xunta de Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Unha trintena de demandas de persoas en pobreza ou exclusión social na exposición “Olladas inclusivas. Ninguén á marxe” inaugurada onte na Xunta de Galicia

Con motivo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social, no día de onte inaugurouse a exposición “Olladas Inclusivas. Ninguén á marxe”, na sede da Xunta de Galicia en San Caetano. No acto estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social, Antonio Hernández, acompañados de representantes políticas, responsables da Coordinadora Galega de ONGD e Plataforma de Infancia de Galicia e de organizacións de acción social.

A exposición “Olladas Inclusivas. Ninguén á marxe” está formada por 32 fotografías de persoas das organizacións membro de EAPN Galicia que inclúen as súas demandas e propostas de loita contra a pobreza e a exclusión social, destacando as identificadas nos últimos encontros e seminarios de participación, en Santiago de Compostela ou Canarias.

Das 32 demandas sobresae a esixencia dunha simplificación burocrática importante a todos os niveis para que deixe de ser unha carga excesiva e unha escusa para a culpabilización da persoa que se atopa en situación de pobreza. Tamén asegurar unhas rendas mínimas dignas, a erradicación do chabolismo e a infravivenda, accesibilidade plena ou un plan para familias monoparentais (nun 80% encabezadas por mulleres).

En palabras de Antonio Hernández, “para que as actuacións que se desenvolven dende o Terceiro Sector de Acción Social galego se leven a cabo coa mellor eficiencia e eficacia posible no que á defensa dos dereitos das persoas se refire, é esencial poder manter a interlocución coas administracións públicas, lonxe de medidas asistenciais e paternalistas”. Nesta liña, a exposición pretende poñer o foco sobre algunhas das recomendacións ou indicacións que se deben seguir por parte de entidades, administración e comunidade para favorecer a participación a todos os niveis das persoas en situación de pobreza e exclusión.

Pola súa parte, o Presidente da Xunta de Galicia expresou que “abrir as institucións á sociedade civil faise necesario para que, aínda que non se estea de acordo en todas as demandas que se expoñen, se abra á reflexión e ó debate. Deste xeito tamén se poderá garantir mellor tanto o cumprimento e actualización da Axenda Social de Galicia como o avance en materia de Rendas Mínimas áxiles e dignas”.

Para pechar o acto, Beatriz Chaos, Zaida Jiménez e Javier Pérez, en nome das persoas traballadoras, voluntarias ou participantes das entidades membro de EAPN Galicia, deron lectura á Declaración Institucional contra o contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión aprobado por unanimidade no pleno do Parlamento de Galicia o pasado Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.

Durante o mes que durará a exposición, as fotos e demandas da mesma estarán tamén presentes nas redes sociais coa etiqueta #ContraPobreza.

A través deste enlace poderedes ver o álbum de fotos da exposición.

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
CERMI Galicia elixe a Luciano Fernández como novo presidente
1 Decembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia
20 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade