DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Mozos e mozas de Down Compostela y Down Vigo participan este venres no VII Campionato de Baristas

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Mozos e mozas de Down Compostela y Down Vigo participan este venres no VII Campionato de Baristas

Dez mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo participarán este venres no VII Campionato de Baristas Down de Galicia, que se celebrará no restaurante Pazo de Adrán (Teo) a partir das 16.30 horas. A entrega de premios aos equipos gañadores está prevista para as seis da tarde.

Desde o pasado luns, os profesionais baristas da escola de Cafento Diego López, en Santiago, e Enrique Salgueiro, en Vigo, están a formar ás persoas integrantes dos dous equipos que esta tarde demostrarán as súas calidades como baristas elaborando expresos, capuchinos e combinados de café. As súas elaboracións serán avaliadas por xuíces baristas de recoñecido prestixio.

Os Campionatos Baristas Down son unha iniciativa pioneira no mundo, nacida en Galicia en 2012 e coorganizada por Cafento e a Fundación Down Compostela, que busca visibilizar ao colectivo de persoas coa síndrome de Down en termos positivos; dar unha formación profesional especializada a persoas deste colectivo e facilitar a súa inserción no mercado do traballo con prácticas laborais en establecementos de hostalería.

Durante os seguintes anos, o certame estendeuse a outras rexións españolas como Vigo, Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Madrid ou Murcia.

 

Balance dos Campionatos  Baristas Down ata agora

Grazas a estes certames, cento vinte persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de toda España puideron formarse como especialistas no mundo do café. Delas, case unha trintena tivo ocasión de realizar prácticas laborais en diversos tipos de establecementos de hostalería.

Varias das persoas participantes nos diversos campionatos foron contratadas de modo temporal pola propia Cafento que, ademais, contratou de maneira indefinida a dous dos participantes na primeira edición do Campionato Barista Down de Andalucía (2014), para a súa sede en Córdoba.

Pero, máis aló de pretender contribuír á inserción laboral e consecuente autonomía das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, os Campionatos Down queren ser unha oportunidade para visibilizar a este colectivo como persoas diferentes, pero perfectamente capaces.

 

Exhibición no Forum Café de Barcelona en 2018

Grazas a estes campionatos, o 19 de abril de 2018, tres mozos de Down Compostela foron convidados a participar no Campionato Nacional de Baristas Forum Café celebrado en Barcelona, onde realizaron unha exhibición dos campionatos Baristas Down que se celebran en Galicia. Coordinado por Diego López, asesor barista de Cafento, o equipo Cafeto de Down Compostela fixo a súa exhibición dentro do Salón Hostelco, no marco da feira Alimentaria.

 

O Campionato Down máis internacional ata a data

Os certames viñeron chamando a atención da prensa especializada internacional, tendo repercusión nalgúns dos medios máis prestixiosos, como Barista Magazine e Daily Coffee News, e chegando a países como Canadá, Estados Unidos, Dinamarca ou Italia.

Por mor desta repercusión internacional púxose en marcha, na cidade de Toronto, en Canadá, o proxecto Made by Mavericks, que pronto será un instituto de formación barista especificamente dirixido a persoas coa síndrome de Down. O proxecto foi considerado o mellor de Canadá, na categoría sen ánimo de lucro, no concurso nacional para mozos emprendedores Start Something  With Alesse, patrocinado polo laboratorio farmacéutico multinacional Pfizer.

Entradas relacionadas
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
20 Xaneiro, 2021
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade