Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Lucía Pérez e Isi encabezan o cartel da XXIII Gala Benéfica Síndrome de Down de ‘Xuntos’ en Pontevedra

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Lucía Pérez e Isi encabezan o cartel da XXIII Gala Benéfica Síndrome de Down de ‘Xuntos’ en Pontevedra

8 Xaneiro, 2020

» Lucía Pérez e Isi encabezan o cartel da XXIII Gala Benéfica Síndrome de Down de ‘Xuntos’ en Pontevedra

A Asociación Down Pontevedra “Xuntos” pon en marcha, un ano máis, a celebración da súa tradicional Gala Benéfica, que acada xa a súa edición número 23. O espectáculo celebrarase o vindeiro venres 10 de xaneiro ás 20:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, coa colaboración dunha ducia de artistas. As entradas anticipadas poden adquirirse na Perfumería Tito de La Peña, na Rúa Oliva 24, ou no local da Asociación, situado na Rúa do Gorgullón 41. O mesmo día do evento poderanse comprar na billeteira do auditorio. O prezo das mesmas é de 8 euros para os adultos e de 5 euros para os nenos menores de 12 anos, ata completar aforo.

O evento converteuse nunha das iniciativas insignia da Asociación grazas á dirección do director musical e cantante Ángel Barry. Con esta gala anual recádanse fondos destinados a financiar os programas diarios da entidade, que conxuntamente forman o Servizo de Promoción de Autonomía Persoal (SEPAP). Este comprende as seguintes Áreas de Traballo: Atención Temperá, Inclusión Educativa, Formación e Emprego, Vida Adulta e Independente, Área Complementaria (Expresión Corporal, Novas Tecnoloxías e de Lecer), e Área Transversal (Programa de Familias e programas de sensibilización).

Música, baile e humor nun amplo cartel

A Gala Benéfica da Asociación Down Pontevedra “Xuntos” reunirá, como xa é habitual, artistas de renome do panorama galego e pontevedrés, combinando diferentes disciplinas artísticas, que van desde a danza, pasando pola interpretación, o humor e, como non, a música, a gran protagonista. Entre os artistas que encabezan o cartel deste ano atópanse a artista lucense Lucía Pérez, o humorista Isi e a cantante Tania Fuegho.

Por circunstancias profesionais, a Orquestra Pontevedra, que sempre encabezou o cartel, non acompañará a “Xuntos” neste evento, como o veu realizando nas 22 edicións precedentes. Si o fará o seu director musical e vocalista, Ángel Barry, que ademais conducirá a gala xunto a varios mozos da Asociación.

O cartel está composto polos seguintes artistas:

– LUCÍA PÉREZ: Cantante e presentadora habitual da TVG. Artista con sete álbums publicados que representou a España no Festival de Eurovisión 2011.

– ISI: Actor, humorista e presentador. Colaborador en diversos programas da TVG e Radio Galega.

– TANIA FUEGHO: Cantante e compositora. Destaca a súa colaboración habitual co mítico programa “Luar” de TVG onde participa como xurado do talent show “Recantos”.

– ÁNGEL BARRY: Cantante e director musical. Capitanea a Orquestra Pontevedra desde hai case 20 anos. Publicou discos e colaborado con moitos artistas na súa carreira.

– MARIETTA: Cantante afincada en Pontevedra con varios discos publicados, dominando o xénero das rancheiras e a canción lixeira galega.

– CHRISTIAN: Artista polifacético de variedades que combina o transformismo, o humor, o musical e a interpretación. Recoñecido por ser a estrela do Music Hall.

– GUILLERMO CASTRO: Cantautor galego especializado en bachata con varios álbums no mercado.

– ANDREA G. GONZÁLEZ: Pianista ferrolá e compoñente do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia cunha intensa actividade concertística como solista e co dúo Quodlibet.

– LUIZINHO ASTRAL & JANE ZOUK: Bailaríns profesionais de orixe brasileira que dirixen a escola de baile LJ Studio de Dança.

– ULISES E O SEU GRUPO DE BAILE

– AXOUXERE GRUPO DE TEATRO: Compañía teatral formada por actores e actrices da asociación. Actualmente representan a obra “Retallos”.

– ÁNGEL FERNÁNDEZ: Batería e usuario da asociación.

Como xa é tradición nesta gala, a organización non descarta actuacións sorpresa.

A Asociación Down Pontevedra “Xuntos” agradece a Ángel Barry, vocalista e director musical da Orquestra Pontevedra, todo o esmero e dedicación cara a este evento, xa que sen a súa imprescindible colaboración este non sería posible, nin puidese alcanzar as 23 edicións consecutivas.

Entradas relacionadas

Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2022
Xuntos continúa coa súa aposta polo deporte inclusivo coa sinatura de tres convenios de colaboración
11 Xaneiro, 2022
Down Pontevedra Xuntos pecha o ano coa contratación de catro das súas persoas usuarias
23 Decembro, 2021
Down Galicia sensibiliza ao alumnado da USC sobre o envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down
8 Outubro, 2021
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}