Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”

20 Xaneiro, 2021

» Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (R/ Eduardo Chao, 17) acolle ata o vindeiro venres 29 de xaneiro a exposición “El viaje de mi vida”, na que persoas usuarias do grupo de Habililidades Adaptativas de Down Vigo mostran a súa sensibilidade artística cun conxunto colorista de tapices elaborados coa técnica do  patchwork e inspirados en vivencias persoais.

O presidente da entidade, José Manuel García Orois, explicou que a exposición “é unha forma de promover a autonomía das persoas coa síndrome de Down e diversidade intelectual”. A colección de tapices, engadiu, “mostra que teñen moitas capacidades, de traballo, artística, e de expresión dos seus sentimentos e emocións”. García Orois agradeceu á Deputación de Pontevedra a súa colaboración para poder mostrar á cidade esta iniciativa.

A presidenta da administración provincial, Carmela Silva, asistiu ao acto de apertura xunto ao presidente de Down Vigo e o director da entidade, Antonio Fortes. Silva destacou o “gran traballo e compromiso da asociación, que facilita que as persoas coa síndrome de Down e diversidade intelectual teñan as mesmas oportunidades que todas e todos debemos ter”.

A máxima responsable da Deputación de Pontevedra destacou a obra de Arancha, Antonio, Lola, Lucía M., Luci  R., Manuela, Marcelo e Noa.

Carmela Silva anunciou así mesmo nesta presentación, realizada unicamente cos responsables de ambas as institucións para cumprir coas medidas de seguridade fronte á COVID-19, que tan pronto a situación sanitaria mellore, a mostra retornará á sede da Deputación “cun acto no que as persoas que elaboraron os tapices teñan o protagonismo que lles corresponde, e para que a xente veña a coñecela con normalidade”. En todo caso, a presidenta animou á cidadanía para visitar durante estes días a exposición en grupos reducidos. “Quedarán sorprendidos e sorprendidas. Son tapices moi fermosos e hai moito traballo en cada un deles”, resaltou.

 

O proceso creativo

Durante o proceso, “El viaje de mi vida” transformouse nunha viaxe emocional onde cada un dos e das artistas, a través da arte, sacan as súas vivencias e os seus recordos á luz.

Antonio reflicte como cambiou a súa vida por mor de acudir á Asociación. Para Arancha é un reflexo das dificultades do envellecemento. Lola reflexiona sobre o duelo e como aprender a vivir con el sen perder a vitalidade. Lucía M. rende homenaxe á súa familia, aos que están e aos que xa non están. Lucía  R. soña cun tapiz e unha vida de conto de fadas. Igual que Manuela, que expresa os seus desexos e inquedanzas. O tapiz de Marcelo trata dunha parte moi íntima da súa vida: como viviu a emigración. Como Noa, que ten o seu corazón dividido nos seus fogares de dous países.

Cada tapiz é único, como cada historia é única.


Down Vigo contou coa colaboración de diversas persoas e empresas locais, sen cuxa axuda non sería posible desenvolver este proxecto.

Entradas relacionadas

Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}