Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

#GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

#GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade

11 Marzo, 2022

» #GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade

 

Achégase o 21 de marzo, unha data crave para as organizacións que traballamos na inclusión das persoas coa síndrome de Down. O Día Mundial da Síndrome de Down é o momento no que, cada ano, nos diriximos á sociedade cunha mensaxe de reivindicación.

Este ano, Down España cumpre 30 anos e por iso nosa nova campaña ten un propósito moi distinto: esta vez queremos dar as #GraciasPorTanto aos centos de miles de cidadáns e cidadás que, desde o voso anonimato e sen buscar ningún recoñecemento, axudades, facilitades e, en definitiva, facedes a vida máis bonita ás persoas coa síndrome de Down.

#GraciasPorTanto é unha homenaxe a todos e todas vós, porque sen o voso apoio, sen ese sorriso da camareira do bar, sen a axuda do condutor de autobús, sen esa amabilidade da caixeira do súper, sen a proximidade da dependenta da tenda da esquina… e de tantos e tantas outras… as persoas coa síndrome de Down non chegarían tan lonxe nin estarían tan incluídas na sociedade.

Sabemos que corren tempos convulsos e que nestes momentos todos temos parte do noso corazón posto nas miles de vítimas desta guerra atroz en Ucraína que ten en ascuas ao mundo enteiro. Pero non podemos nin queremos esquecernos das persoas coa síndrome de Down, nin tampouco queremos esquecernos de todo o que fixestes por elas nos últimos anos. Por iso queremos pedirvos que vos unades á nosa campaña e que a compartades nas vosas redes sociais para que a nosa mensaxe de agradecemento chegue a cada unha das persoas que algunha vez, ou cada día, melloran a vida das persoas coa síndrome de Down coa súa amabilidade, compresión, apoio ou agarimo.

A nosa campaña deste ano, vai por todos vós! #GraciasPorTanto

 

A campaña

Alba ten 30 anos e vive no pequeno Barrio de San Carlos, en Cádiz. Baixo a súa casa está a panadería de Rosa, a quen coñece de toda a vida. Alba quería darlle as grazas a Rosa por recibila na súa tenda sempre cun sorriso e preocuparse por ela e a súa familia… Así que enchemos un teatro de Cádiz ao completo para darlle a Rosa a sorpresa da súa vida.

Grazas a 200 colegas, fixemos crer a Rosa que ía acudir a unha gala na que se entregaba o premio ao mellor comerciante do Barrio de San Carlos. O que Rosa non imaxinaba era todo o que ocorrería despois…

 

 

Queremos agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron posible esta campaña:

A Alba, a Rosa, a Vero, á presentadora Lourdes Maldonado, ao cómico José Campoy, a Down Cádiz (os seus mozos e mozas, familias e profesionais), a nosa axencia Contrapunto BBDO, á produtora Possible Films, ao Teatro La Tía Norica de Cádiz, ao Concello da cidade e aos 200 colegas que nos axudaron a encher o Teatro para darlle unha incrible sorpresa a Rosa.

Entradas relacionadas

Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade
22 Marzo, 2022
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}