DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) e a Fundación CERMI Mujeres (FCM) esixen que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica do país, xa que consideran que son un dos grupos sociais “máis castigados” por esta pandemia, colocándolles nunha “posición de fraxilidade extrema” ante unha emerxencia sanitaria destas proporcións.

Así o recolle o CERMI no manifesto que a entidade elaborou con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), no que alerta do “impacto  exacerbado da pandemia” nas persoas con discapacidade e as súas familias e da “devastación intensa e extensa” que afectou a este grupo de poboación nas súas estruturas e redes de apoio que, segundo CERMI, sempre foron “precarias” e agora atópanse “case  exhaustas”.

Segundo recolle o manifesto, durante estes meses houbo multitude de informes, estudos e investigacións que evidencian as xeneralizadas violacións de dereitos que as persoas con discapacidade, sobre todo as persoas con discapacidade maiores, experimentaron neste tempo de pandemia e que o CERMI cualifica como “unha cartografía ao lado escuro do que nos tocou vivir estes meses e da súa alongada sombra para os próximos”.

Para conseguir a “anhelada reconstrución social e económica” o CERMI avoga por unha alianza entre os poderes públicos, o tecido empresarial e a sociedade civil organizada, para “levar a cabo unha auténtica co-gobernanza”.

Entre as medidas concretas que expón a plataforma representativa da discapacidade en España para que as persoas con discapacidade, as súas familias e as súas estruturas cívicas de benestar estean na reconstrución social, destaca a creación “inmediata”, na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021, dun Fondo de rescate de emerxencia  postpandemia de 300 millóns de euros para o sector social da discapacidade, dentro dun máis amplo e global de 1.000 millóns de euros para todo o terceiro sector de acción social de ámbito estatal.

Tamén reclama a constitucionalización coa categoría de fundamentais dos dereitos sociais na Carta Magna e atribuír ao Estado o carácter de regulador e  garante último deses dereitos sociais.

O movemento social da discapacidade tamén solicita a adopción dun novo marco estatal para a inclusión laboral, para aumentar, en cinco anos, a taxa de actividade laboral ata o 50%, o que supoñería a “creación de máis 200.000 novos empregos dignos e decentes”.

Entre as peticións tamén avogan por “acabar coa hostilidade da contorna cara ás persoas con discapacidade” e lograr ver implantada a “accesibilidade universal en todas as contornas”. Segundo afirma o CERMI no documento, a transformación dixital das estruturas, dos procesos e da vida social non pode facerse a expensas ou expulsando ás persoas con discapacidade, xa que “o dixital debe ser accesible, alcanzable e sensible coa diversidade humana”.

Outra das medidas que esixe é “contar cos apoios suficientes e efectivos que deben proporcionar os poderes públicos para que as persoas con discapacidade poidan elixir como e onde vivir, e como desenvolver un proxecto de vida libremente elixido, estendendo a autonomía persoal e facendo realidade a vida independente”. Neste sentido, reclama a universalización da inclusión a través da disposición de “apoios reais, suficientes e individualizados en todas as contornas da vida da persoa con discapacidade” e a creación “dun auténtico espazo sociosanitario, como provedor de benestar e rede de soporte, que garanta apoios para unhas condicións dignas de vida ás persoas con necesidades complexas e superpostas: educativas, sociais e sanitarias”.

A posta en marcha de políticas familiares que outorguen unha “protección intensificada a aquelas familias nas que existe unha situación de discapacidade”; ou a “dotación de recursos e apoios para as persoas con discapacidade, especialmente as de idade avanzada, que residen no medio rural para “desenvolverse humanamente alí onde queren vivir e contribuír así a un desenvolvemento sostible que diminúa a precariedade económica” son outras das reivindicacións do movemento CERMI.

Por último, o CERMI asegura que é necesario que “os fondos europeos mobilicen os recursos suficientes que teñan como destino promover activamente a inclusión social das persoas con discapacidade” e que este financiamento permita “acometer a reconstrución social, económica e tecnolóxica tras a pandemia do coronavirus COVID-19 co fin de xerar un cambio social en todos os ámbitos da sociedade”.

 

Consulta aquí o manifesto do CERMI

Consulta aquí o manifesto do CERMI en lectura fácil

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
CERMI Galicia elixe a Luciano Fernández como novo presidente
1 Decembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia
20 Novembro, 2020
A investigación internacional realizada por T21RS ofrece novos datos sobre a relación entre COVID-19 e síndrome de Down
11 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade